Protección Civil agasalla aniversarios moi especiais aos nenos de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Non só os aplausos son os protagonistas estes días.As felicitacións de aniversario son tamén unha constante dende a declaración do estado de alarma.

Estas imaxes que lles amosamos correnponden á sorpresa que recibiu en Vilaxoán Nizan. O pequeno fixo onte 10 anos.

Ata a porta da súa casa achegáronse membros de Protección Civil de Vilagarcía, para acompañar ó pequeno nunha data tan sinalada.  A súa non é a única celebración que organizan dende Protección Civil.Onte, por exemplo, ademais da casa de Nizan, visitaron outros catro domicilios.

Cada día, intentan dar resposta a tódalas peticións que van recibindo. Todas elas pódense ir vendo, día a día, na páxina de Facebook de Protección Civl de Vilagarcía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí