A Festa do Mexillón repartirá 7.000 kg de marisco

    mexillon copia100.jpg VILANOVA> As carpas para a degustación estarán abertas de 12 da mañá a 4 da tarde e de 8 a 12 da noite. Neste ano, as festas prolongaranse ata o luns.

    {flowplayer}images/salnes/FESTA_MEXILLON_VILANOVA_2011.flv{/flowplayer}
     
    Dende as 9 da mañá, as cociñeiras estiveron preparando as diferentes racións . 7.000 quilos de marisco ao longo dos 5 días de festa. Entre eles, Mexillóns e berberechos en distintas elaboracións: ao vapor, en escabeche, con fideos, empanada… Pero tamén polvo, navallas, e neste ano, como novidade, ameixas. Cada ración, a un prezo entre 3 e os3 euros e medio. Tanta variedade que os comensais non se poñían dacordo.
     
    En canto ao prezo…
     
    Tamén houbo unanimidade na valoración. A partir de mañá, e parella a Festa do Mexillón e do Berberecho,haberá unha feira de oportunidades con horario ininterrompido ata as 12 da noite. Ademais, o vindeiro sábado terá lugar a procesión marítima do Virxe do Carme e o domingo o párroco don Antonio Sineiro lerá o pregón das festas. As carpas de degustación permanecerán abertas ata o vindeiro luns, 15 de agosto.
     
    Redacción Salnés