A Policía Nacional desartella un punto de venda de droga en Ribeira

    telesroubadas2.jpg SALNÉS> Tamén en Sanxenxo a Garda Civil arrestou a tres veciños do municipio como presuntos autores do roubo de 40 televisores nun hotel da vila.

    As detencións tiveron lugar este martes no marco dun operativo contra o tráfico de drogas a pequena escala. O punto de venda estaba situado na rúa Lepanto, e os arrestados responden ás iniciais de J.G.C.M., de 43 anos, e M.L.L.R., de 32. A ámbolos dous impútaselles un delito de tráfico de drogas despois de que na operación os axentes lle requisasen 47 gramos de cocaína e 18 de heroína, parte deles preparados para a venda, así coma trankimacín, hachís e marihuana. O operativo saldouse coa incautación de últiles para manipular estas substancias e outros efectos como videoconsolas, televisores, un vehículo e case seis mil euros en metálico.

    Os detidos, que contan con antecedentes por delitos similares, foron postos xa a disposición xudicial. Calcúlase que o valor da droga confiscada podería acadar os oito mil euros no mercado.

    Non foi a única detención que se produciu nas últimas horas. A Garda Civil de Sanxenxo tamén detivo a tres veciños da localidade de entre 32 e 56 anos como presuntos responsables do roubo de 40 televisores LCD nun hotel do municipio. Tamén neste caso os arrestados serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número catro de Cambados.

    Redacción Salnés