Villaronga aposta polo saneamento da ría e polos seus sectores produtivos

    VILAGARCÍA> Neste último día de campaña, o BNG de Vilagarcía mirou cara o mar. A candidatura trasladouse ata Carril para reivindicar a importancia do sector marisqueiro na economía local. Segundo a alcaldable María Villaronga, de chegar ao goberno as súas medidas irán encamiñadas a potencialo e á creación de traballo neste sector. Algo que ten que comezar co saneamento da ría.

     

    O saneamento das augas da ría de Arousa é unha peza clave no programa do Bloque Nacionalista Galego. O seu obxectivo é revitalizar o sector marisqueiro na vila, medio de vida de moitos veciños.

    Os nacionalistas criticaron o abandono ao que, ao seu parecer, condenou Tomás Fole á ría e ao sector. 

    Villaronga non pasou por alto unha das propostas de Tomás Fole: a creación dunha ponte ata Cortegada. 

    O BNG prefire a opción natural, o coñecido como Paso do Carro, que queren que se recoñeza como un ben cultural de Vilagarcía.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/22/bng_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/22/bng_vilagarcia.mp4{/flowplayer}