Bamio reclama meiloras en Campanario: ‘Non interesa a bandeira azul, queremos a praia en condicións’

VILAGARCÍA> A veciñanza de Bamio entrega no concello de Vilagarcía ao redor de 1200 firmas esixindo melloras na praia do Campanario. Entre as súas reclamacións se atopan a realización dun aporte de area e o coidado do paseo e os baños. A veciñanza non entende porqué o areal continúa conseguindo a bandeira azul, pero advirten que o estandarte non lles importa, que o queren é unha praia en boas condicións.

A veciñanza de Bamio ponse en pé de guerra ante o mal estado no que, segundo denuncian, se atopa a praia de Campanario. Un grupo de veciños xa reuniu mil duascentas sinaturas que entregaron no concello de Vilagarcía esixindo diferentes melloras. A primeira é que se realice un aporte e area na praia.

Outra das súas demandas é que se realicen melloras no paseo.

Tamén reclaman a renovación dos baños públicos, ante o seu mal estado.

As súas queixas aínda son máis amplas, como por exemplo que se faga un mantemento do parque ou que se eliminen as fochancas do aparcadoiro. A veciñanza non entende como a bandeira continúa mantendo a bandeira azul, un recoñecemento que advirten que non lles interesa, que o que queren é gozar dunha praia en condicións.

Segundo indican, polo de agora non recibiron ningunha solución por parte do concello. Lamentan que tanto o goberno local como Costas se sinalen o un ao outro sen que ninguén actúa na praia. Esta semana acudirán ao pleno de Vilagarcía e nas vindeiras datas entregarán as sinaturas na delegación de Costas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí