![]()
VILAGARCÍA> O Conselleiro de Medio Ambiente visitou esta mañá a zona e asegurou que os traballos, ós que a Xunta destinou 1.500.000 euros, van ‘a bo ritmo’.
{flowplayer}images/salnes/VISITA_HERNANDEZ_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
As obras que se están a realizar na presa do río do Con teñen como fin adaptar a infraestrutura á normativa de seguridade imposta a nivel estatal. Segundo o conselleiro de Medio Ambiente, os traballos están a supoñer un investimento dun millón e medio de euros. Marchan a bo ritmo, e unha vez concluídos terase mellorado o control dos fluxos de auga entre outras prestacións.
Trala xuntanza de traballo mantida esta mañá co rexedor local, Agustín Hernández avanzou que Augas de Galicia está a traballar co concello na procura dunha solución ás continuas inundacións da rúa Rodrigo de Mendoza, solución que pasaría por desviar o afluente do Con que pasar por esta zona. Desde o goberno local tamén insistiron na urxencia de corrixir os reiterados vertidos que se producen en Vilaxoán e Carril, coas consecuencias que se derivan para o marisqueo.
Neste mesmo senso o conselleiro insistiu en que desde Medio Ambiente están a culminar o Plan de saneamento local da marxe esquerda da ría de Arousa, que ten como fin acadar o bo estado das augas de aquí ó 2015. Hernández asegurou que están a poñer especial coidado coa zona de Carril, máis sensible pola actividade marisqueira.
Redacción Salnés









