VILAGARCIA> Uns orzamentos insuficientes e propagandistas. Así cualificou o BNG á proposta económica da xunta de Galicia para o 2022. Segundo os nacionalistas, os investimentos reais no Salnés serán de 8 millóns de euros e non de 36 como anunciara o goberno autonómico. Presentarán diferentes emendas para que se aumente o gasto en sanidade, educación e protección da ría.
Os orzamentos presentados pola xunta para o 2022 non convencen ao principal partido da oposición. O BNG saíu hoxe á palestra para criticar os datos anunciados polo goberno autonómico. Segundo os nacionalistas, a proposta do goberno de Feijoo é insuficiente é propagandista, apuntando que os investimentos reais no Salnés son de 8 millóns e non de 36.
Os nacionalistas consideran que os orzamentos do 2022 continúan coa mesma dinámica cas dos anos anteriores. Sen aumentar o gasto e servizos públicos a pesar das axudas europeas e do estado.
De feito, dende o BNG sinalan que os investimentos en sanidade aínda son máis baixos.
A parlamentaria tamén lamenta que os orzamentos non dean solucións a problemas vitais na ría de Arousa como é a loita contra as verteduras e a falta de produto nos bancos marisqueiros.
Dende o BNG consideran que os orzamentos non responden ás necesidades da poboación, especialmente ás derivadas da pandemia. Por iso presentarán diferentes emendas para que se aumente o gasto no Salnés en sector vitais como é a sanidade, a educación e o mar.