Marta Giráldez lamenta que as concelleiras vilanovesas fagan política coas vítimas da violencia de xénero

MEIS> A alcaldesa de Meis tamén quixo responder as acusacións das concelleiras vilanovesas. Marta Giráldez indicou que a negativa a asistir ao acto era por motivos políticos contra a decisión do GDR e lamenta que sexan as edís vilanovesas as que utilicen ás vítimas da violencia de xénero.

As palabras das concelleiras de Vilanova criticando as alcaldesas de Meis e Cambados, non gustaron ás rexedoras. Marta Giráldez saíu ao paso matizando que a súa ausencia ao acto do GDR foi unha crítica pola organización do acto e non contra Vilanova.

As súas críticas non eran só pola decisión do GDR se non polo propia actividade en si mesma.

Marta Giráldez tamén lamentou que a concelleira de Vilanova, Nuria Morgade, pida a súa dimisión cando ela estaba ao carón de Durán o día que o rexedor se referiu a Carmela Silva.

Giraldez asegurou que rexeita calquera insulto, á marxe de que a persoa sexa do partido popular ou do partido socialista. Tamén incidiu nas súas críticas a Durán por non arrepentirse nin pedir desculpas a Carmela Silva nin sequera despois de saír a condena.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí