A Illa organiza unhas xornadas para concienciar sobre o uso das enerxías limpas

A ILLA> Unha illa europea comprometida coa transición enerxética. A Illa de Arousa continua co seu compromiso co medio ambiente e está a organizar unhas xornadas con actividades enfocadas ao uso das enerxías limpas. O evento, que comezou hoxe, rematará mañá e contará coa visita da tripulación do Ranbow Warrior III de Greenpeace.

A Illa de Arousa é unha das 26 illas seleccionadas no programa europeo para a transición enerxética. Con este proxecto a comarca arousá formará parte da axenda de transición enerxética exemplar da comunidade europea. A Illa ten por diante un ano para definir as súas metas.

Dentro deste compromiso co medio ambiente o concello está a celebrar unhas xornadas sobre a transición enerxética. A primeira das sesións estivo composta por un obradoiro sobre as comunidades enerxéticas e a continuación unha mesa redonda sobre a transición enerxética nas illas europeas. A segunda das xornadas, titulada “subir as velas cara a transición enerxética” contará coa visita da tripulación do Ranbow Warrior III.

Na xornada e mañá, ademais da visita de Greenpeace completarase coas actividades que realizará a cooperativa Nosa Enerxía para festexar o seu quinto aniversario. Ambas abertas a todo o público.