A oposición solicita un pleno extraordinario para falar de Fexdega

    oposicionfexdega copia.jpg VILAGARCÍA> PSOE, BNG, EU e IVIL asinaron un documento no que solicitan á alcaldía tratar a situación da Fundación antes de que se disolva o Padroado.

    {flowplayer}images/salnes/OPOSICION_FEXDEGA.flv{/flowplayer}

    Edís do Partido Socialista, o Bloque Nacionalista Galego, Esquerda Unida e IVIL. Representantes de tódolos grupos da oposición con presenza na corporación vilagarciá acordaron esta mañá solicitar á alcaldía a convocatoria dun pleno extraordinario cun único punto na orde do día: a situación actual da Fundación Fexdega e o seu futuro.

    A reunión foi convocada por Esquerda Unida ante a proposta do rexedor Tomás Fole, din os esquerdistas, de non celebrar o pleno ordinario de agosto por non haber cuestións de relevancia que debater. Dende a formación política pregúntanse se a suposta quebra técnica do concello anunciada polo propio Fole ou a disolución do Padroado de Fexdega non son asuntos coa sufiente importancia como para adicarlle un pleno.

    Esquerda Unida considera que si, e como eles, socialistas, nacionalistas e independentes de Vilagarcía. Por iso na reunión desta mañá asinaron un escrito dirixido á alcaldía no que piden que ese pleno extraordinario se convoque antes da próxima reunión dos membros do Padroado, o 19 de agosto, para que tódolos membros da corporación teñan a oportunidade de pronunciarse sobre o futuro dun dos motores económicos, din, da capital arousá.

    Redacción Salnés