Avanza o proxecto de ampliación do Hospital do Salnés

    PPSALNES copia100.jpgSALNÉS> A Consellería de Sanidade optará pola construción dun edificio anexo, unido ó principal por medio dunha pasarela.

    {flowplayer}images/salnes/PP_VILAGARCIA_HOSPITAL.flv{/flowplayer}

    Despois de que se rematase a ampliación da terceira planta, o aumento da área destinada ó servizo de urxencias e ós quirófanos é agora a maior necesidade do Hospital do Salnés. A consellería, cun orzamento de ó redor de 1 millón e medio de euros, traballa sobre o proxecto definitivo proposto polo arquitecto do resto do edificio: a construción dun bloque anexo, unido ó principal por medio dunha pasarela.

    O novo edificio, que non precisaría da paralización dos servizos durante a súa construción, viría ocupar os terreos do vial que rodea o Hospital e os aparcadoiros do lado do servizo de urxencias. Para recuperalos, o proxecto tería que ampliar a superficie ocupada polo centro cos terreos dos arredores, propiedade do concello de Vilanova.

    Por outra banda, tanto o voceiro dos populares vilagarciáns como a concelleira, criticaron a actitude do actual goberno bipartito do concello.

    A pesares de que aseguraron que o proxecto xa está en marcha, nin Tomás Fole nin Marta Rodríguez quixeron falar de datas concretas para a execución do proxecto que, unha vez rematado, será presentado no propio hospital pola concelleira de Sanidade, Pilar Farjas.

    Redacción Salnés