VILAGARCÍA> En Vilagarcía rematou a primeira edición do concurso de tapas e compras que impulsou Zona Aberta. O colectivo de comerciantes dise máis que satisfeito coa excepcional acollida que tivo esta proposta, con practicamente os 2.500 pasaportes para votar pola mellores tapas repartidos entre a clientela. O petisco de Pepé Quilé acabou resultando gañador do primeiro premio, dun certame que de seguro ha ter continuidade o ano que vén.
Había tempo que Vilagarcía non celebraba un concurso de tapas, pero o seu regreso foi todo un éxito. Impulsado polo colectivo Zona Aberta, esta primeira edición do concurso de tapas e compras tivo unha acollida excepcional.
Para mostra da boa resposta da xente, un dato: practicamente repartidos todos os pasaportes para votar polos mellores petiscos.
Esta mañá fíxose o sorteo dos 500 euros, a repartir entre cinco premiados. Tamén se fixo entrega dos premios das mellores tapas. O primeiro premio recaeu na proposta de Pepe Quilé.
Dende o concello de Vilagarcía, que colaboraron co concurso, aplauden o resultado.