SANXENXO> O centro de saúde de Baltar contará a partir da semana que vén cun novo médico. Esta previsto que o facultativo, con praza fixa, se incorpore o mércores que vén, co obxectivo de paliar en parte a falta de persoal. Anunciono esta mañá o propio Conselleiro de Sanidade nunha visita ao centro de saúde na que tamén detallou como será a ampliación dese ambulatorio. Vaise construír un novo andar sobre o edificio actual. A Xunta xa contempla nos seus orzamentos do ano que vén unha partida de 400.000 euros para este proxecto.
A falta de médicos no centro de saúde de Baltar quedará resolta, en parte, a semana que vén. Está previsto que o próximo mércores se incorpore ao equipo un novo médico con praza fixa.
Cada un deses once médicos que está previsto se incorporen nos distintos centros de saúde da comarca, terá tamén que asumir dúas gardas no PAC, un dos puntos quentes neste momento da atención sanitaria na zona. E a intención, di o Conselleiro, é poder cubrir en breve outras tres prazas.
O anuncio da incorporación inmediata deste médico en Baltar tivo lugar durante unha visita do Conselleiro ao ambulatorio na que detallou como vai se-la súa ampliación. Vaise construír un novo andar sobre o edificio actual. A Xunta xa contempla nos seus orzamentos do ano que vén unha partida de 400.000 euros para este proxecto.
Ademais, segundo engade, o incremento do espazo permitirá reordenar tamén as estancias existentes, algo que vén reclamando o persoal do centro dende hai tempo.