Vilaxoán comezou as festas do Carme co pregón de Juanma Lorenzo

VILAXOAN> Nestas datas, son moitos os concellos que están celebrar as festas do Carme. Un deles é Vilaxoán, que comezou as festas o sábado escollendo a noso compañeiro Juanma Lorenzo para dar o pregón. Arroupado pola veciñanza, o vilaxoanés deu un discurso emotivo e con humor no que non faltaron as reivindicacións para a vila.

As vilas mariñeiras están de celebración estas datas para honrar a súa patroa, a Virxe do Carme. Unha destas vilas é Vilaxoán, que o pasado sábado comezou as súas festas máis importantes. Para dar apertura aos festexos, a comisión de festas quixo contar como pregoeiro co noso compañeiro Juanma Lorenzo. O vilaxoanés con emoción e humor deu un discurso que xirou entorno aos recordos da súa infancia coas súas voas.

Decenas de persoas se achegaron a escoitar un pregón no que non faltou a posta en valor da vila, das festas e da veciñanza.

Tampouco faltaron as reivindicacións como o apoio aos bateiros ou o aporte da area para a praia do Preguntoiro, que nos últimos anos perdeu a súa bandeira azul.

Aclamado pola súa veciñanza, a comisión de festas entregoulle un agasallo como agradecemento. Tralo pregón, tivo lugar a saída da virxe do Carme dende a confraría ata igrexa e pola noite as actuacións musicais correron a cargo dos grupos Broken Peach e Louband. O domingo tivo lugar a procesión marítima xunto coa de Rianxo, e pola noite as actuacións das orquestras La Dimensión e América de Vigo. A festa rematará hoxe coa actuación de Vilaxoán Canta e coas orquestras Solara e Los Ankar.