‘A sociedade ten que seguir gañando a batalla ó narcotráfico’

    conveniofgcn2 copia.jpg VILAGARCÍA> Xunta e Fundación Galega Contra o Narcotráfico renovan o convenio para financiar a liña gratuíta 900 102 300 de axuda á drogodependencia.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_FGCN_AGOSTO_2011.flv{/flowplayer}

    Fundación Galega Contra o Narcotráfico e Xunta de Galicia veñen de renovar un ano máis o convenio de colaboración para o financiamento da liña gratuíta 900 102 300, un número de teléfono que a entidade pon ó servizo dos cidadáns para recoller denuncias sobre narcotráfico ou ofrecer axuda e asesoramento en materia de drogodependencias. O presente acordo conleva unha achega de 18.000 euros, un apoio que cando menos se mantén, aínda que non se poida incrementar.

    Desde a Fundación Galega Contra o Narcotráfico explican que este tipo de subvencións lles permiten manter activas as distintas liñas de acción nas que traballan, desde campañas de sensibilización social como a de Panos Brancos, que este ano chegará, entre outros, ó concello de Ribeira, ou a organización de foros con profesionais da xustiza e as forzas de seguridade que loitan contra o narcotráfico. É nestas xuntanzas nas que recollen propostas para solicitar a adopción de distintas medidas lexislativas á administración e a Xustiza, como un cambio no sistema de xestión do patrimonio incautado ós narcotraficantes ou o reparto dos fondos destinados á Fundación Nacional contra a Droga.

    José Siso Bartomé, presidente da FGCN, engadíu que a Fundación tamén está preparando un programa de prevención das drogodependencias destinado ós centros de ensinanza, e aproveitou a ocasión para entregar ó conselleiro de Presidencia unha insignia que representa á árbore da vida, o mesmo logotipo que emprega a Fundación.

    Redacción Salnés