Xunta e concello mellorarán o centro da terceira idade

     MEAÑO> Cores Tourís e a alcaldesa Lourdes Ucha visitaron ademais as obras de amplicación que se están levando a cabo no centro da terceira idade

    {flowplayer}images/salnes/VisitaTourisAgader_110313.flv{/flowplayer} 

    Son unhas obras que se realizan con cargo ós fondos Agader e que veñen a ampliar as aulas do centro de atención á terceira idade, situado ó carón do centro médico. Un local que dá servizo a 50 persoas diariamente e que precisa dunha ampliación para poder acoller a máis. Habilitarase un zona axardianada no actual espazo ocupado pola terraza que se destinará á realización de actividades ó aire libre. 

    Estas obras deberían rematarse no mes de xullo e contan cun orzamento total de 160.000 euros, dos cales 120.000 os aporta a Xunta. O resto os porá o concello de Meaño, encargado tamén do posterior mantemento do mesmo.

    Ademais destas melloras no centro da terceira idade, Cores Tourís referiuse a outras actuacións que se queren levar a acabo entre as dúas administracións, como a mellora da senda que leva ata Cambados ou diversas melloras nos centro educativos.

    Redacción Salnés