A paralización das obras en Porráns obedece a un problema veciñal

    porransmorana_100_300107_003.jpgMORAÑA > A consellería de Obras Públicas quixo saír ó paso das acusacións do Partido Popular de paralizar as obras da estrada que vai de Porráns a Moraña.

    A delegada da Consellería en Pontevedra, María Isabel Domínguez, asegurou esta mañá que tal paralización se debe en exclusiva ó problema que hai cun veciño que se nega a abandonar a casa que lle foi expropiada logo, iso si, de ter cobrado os cartos: 99 mil euros.

    A paralización das obras da estrada Porráns- Moraña obedece exclusivamente ós problemas derivados da expropiación dunha casa do municipio de Barro cuxo propietario se nega a abandonala. O caso levouse ós xulgados a través dun proceso de emerxencia que se solucionará no prazo máximo dun mes. Momento no que, segundo a delegada de Obras Públicas, se retomará a obra inmediatamente. Polo pronto, mentres non se soluciona o problema tomarase unha medida provisional. A empresa concesionaria das obras irá procedendo ó recheo das faltas que presenta o firme.

    María Isabel Domínguez acusou ó PP de ter feito valoracións disparatadas sobre unha estrada na que se leva sen intervir dende o ano 85 e na que o anterior conselleiro de Obras Públicas, Núñez Feijoo, anunciou en período electoral, a colocación da primeira pedra cando nin sequera se procedera aínda a realizar as expropiacións precisas para o comezo das obras.

    Redacción Salnés