Don Tucho, Novacaixagalicia e Pazo Baión, Insignias de Ouro do Mexillón

    insigniasmexillon copia.jpg VILANOVA> As distincións recoñecen a labor do cura párroco, a promoción enoturística de Condes de Albarei e a axuda á adquisición de Vista Real.

    {flowplayer}images/salnes/MEDALLAS_OURO_MEXILLON_VILANOVA_2011.flv{/flowplayer}

    A imposición das Insignias de Ouro e Brillantes constitúe un dos actos centrais da Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova. Recoñecen a labor prestada por diferentes persoeiros, empresas ou colectivos a prol do desenvolvemento social do municipio. Este ano recaeron no cura párroco Don Antonio Sineiro, que precisamente onte cumpría 50 anos como sacerdote. Pola súa humanidade e traballo polos veciños. A Cooperativa Cambadesa Condes de Albarei recibíu o agasallo por promover o concello a través do proxecto de enoturismo que está a implantar en Pazo Baión. E a entidade financeira Novacaixagalicia por contribuír tamén ó crecemento da vila grazas ó crédito prestado para adquirir outro dos pazos de referencia en Vilanova, o de Vista Real.

    Mañá botará o peche esta Festa do Mexillón despois de cinco días de degustación, a edición máis longa celebrada ata o de agora. A falta do reconto oficial, desde o concello xa se amosan satisfeitos pola afluencia de visitantes tanto á feira como no que vai de verán ó municipio. Os prezos competitivos e unha oferta turística particular poderían estar detrás deste éxito.

    Redacción Salnés