CAMBADOS> Un dos concellos que se verá beneficiado polas nova normas da Xunta é o de Cambados. A vila entrará o sábado no nivel medio despois de superar, tras varias semanas, o nivel máximo. Dende o concello celebran esta medida e poñen a vista no verán.
O concello de Cambados pasará o vindeiro sábado ao nivel medio de restricións sanitarias. Un avance que chega tan só unha semana despois de que a vila saíse do nivel máximo. Dende o goberno local celebran esta decisión.
Esta nova medida permitirá aumentar a capacidade de ocupación da hostalería e os comercios. Aínda así, dende o goberno local piden prudencia á poboación para evitar o regreso ao nivel máximo.
Co verán á volta da esquina, o medo de acceder ao nivel máximo de restricións é moi grande en todos os concellos. Dende Cambados agardan que a se cumpran as normas e pode gozar do verán, dentro do que a situación o permita.
A vila continúan cunha evolución favorable no número de casos activos. No día de hoxe non rexistrou ningunha variación polo que se mantén con 38 positivos.