‘Este ano será difícil poñer en marcha o cuarto Xulgado de Vilagarcía’

    ruedacuartoxulgado copia.jpg VILAGARCÍA> O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, responsabiliza ó Ministerio de Xustiza de non ter sinalado aínda os Xulgados que lle corresponden a Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/XULGADO_VILAGARCIA_RUEDAFGCN.flv{/flowplayer}

    Segundo explicou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, o Ministerio de Xustiza debería ter sinalado o pasado mes de outubro o número de Xulgados que lle corresponden a Galicia este ano, un trámite imprescindible para que a Xunta poida decidir en qué lugares abrir novas salas. Pero case un ano despois, ese sinalamento aínda non se produciu, polo que Rueda considera ‘difícil’ que este ano se poida poñer en marcha o cuarto Xulgado en Vilagarcía.

    Desde a Xunta entenden necesaria a creación deste novo Xulgado pola elevada carga de traballo que soportan os actuais. Farano en canto o Ministerio se pronuncie, sempre despois de avaliar as necesidades específicas de Vilagarcía.

    Redacción Salnés