Recrudécese o conflito entre Lazareto e mariscadoras de Carril

    PROTESTA_LAZARETOcopy.jpgCARRIL> O colectivo impediu ás mariscadoras da confraría que introducisen o produto na lonxa. Ó final puideron celebrar a subhasta.

    {flowplayer}images/salnes/PROTESTA_MARISCADORAS_LAZARETO.flv{/flowplayer}

    Xa o advertían a semana pasada. As mariscadoras do colectivo Lazareto comezarían de novo as protestas ante a negativa da Consellería do Mar a concederlles os 21 permex que lles prometeran no mes de agosto. E así o fixeron hoxe na lonxa de Carril impedindo ás mariscadoras da confraría que baixasen o seu marisco para que participase na subhasta.

    Todo comezou ó redor das dúas do mediodía. Mentres, as mariscadoras da confraría ultimaban os seus traballos na praia do Campanario. Foi entón cando se deron conta de que o camión isotérmico estaba pechado con candeados. Chamaron á Policía Nacional e á Consellería do Mar. Por alí só se achegou o delegado da zona, Javier Briz e o Patrón Maior, Fernando Franco.

    No último momento, dúas horas máis tarde, decidiron trasladar o marisco na ranchera da confraría. E os membros co colectivo Lazareto cumpriron a súa promesa e impediron ás mariscadoras que introducisen o produto na lonxa.  

     Neste intre, desatouse o conflito entre ambos colectivos que se caracterizou por unha forte tensión onde non se esqueceron dos berros e acusacións en ambas direccións.

    E é que houbo que agardar ó Garda Costas, que chegou ó redor das cinco da tarde, para que as mariscadoras, escoltadas pola policía autonómica e nacional, introducisen o marisco na lonxa. Uns cincuenta quilos de ameixa tivo que ser devolto ó mar porque non daba a talla. Pero finalmente ás sete da tarde, e coa lonxa case baleira celebrouse a subhasta.

    Redacción Salnés