Os cativos, protagonistas das Festas de San Roque

    superroquinos copia.jpg VILAGARCÍA> Xuventude deseñou un programa con cine, obradoiros, maxia, arte ou monicreques. Todas, actividades na rúa, para dinamizar a cidade.

    {flowplayer}images/salnes/PROGRAMACION_INFANTIL_SAN_ROQUE.flv{/flowplayer}

    Os máis pequenos teñen este ano un programa de actividades do máis variado para non ter un só intre no que aburrirse estas festas de San Roque. Desde a concellería de Xuventude de Vilagarcía propuxéronse dar ós cativos un papel protagonista durante estes días e aproveitar para encher as rúas de xente, pois todas esas propostas de lecer realizaranse ó aire libre.

    Todas estas propostas agrúpanse en dous programas: o ‘Fantasio na rúa’ e o ‘Club dos Superroquiños’. O ‘Fantasio na Rúa’ consiste en tres noites de cine ó aire libre nas que se proxectarán na rúa Castelao filmes dirixidos ó público infantil. O venres foi o primeiro pase, coa película ‘Up’. Mañá poderá verse ‘Megamind’, a última da factoría Pixar, e o xoves ‘E.T.’. Precisamente este día, o xoves, será o que concentre máis actividades para os nenos.

    E o sábado será a quenda da II Concentración Moteira Infantil. Está dirixida a cativos de 3 a 8 anos e o único requisito para participar é que as motos non teñan motor nin batería. As bases do certame están publicadas na páxina web do concello, e o prazo para anotarse ábrese o vindeiro mércores.

    Redacción Salnés