Os segredos do Santa Isabel xa se expoñen no Salón José Peña

CAMBADOS> Os segredos do Santa Isabel xa están expostos no Salón José Peña de Cambados. Tras percorrer varias localidades pontevedresas, a mostra leva ata a vila obxectos do buque, maquetas e máis de 180 fotografías relacionadas co naufraxio deste barco no 1921 na Illa de Sálvora.

Obxectos do barco, maquetas, réplicas e máis de 180 fotografías. O naufraxio do Santa Isabel deixa de ter segredos para os cambadeses. O Salón José Peña acolle a mostra “Santa Isabel, o naufraxio”.

A exposición xa percorreu varias vilas da provincia de Pontevedra. Agora desembarca en Cambados, para botar un pouco de luz sobre o que aconteceu na noite do 1 ao 2 de xaneiro de 1921 na contorna da Illa de Sálvora.

A mostra completarase con outras actividades, como conferencias e coloquios. Tamén o vernes Exposalnés acollerá unha mesa redonda na que participará a directora da película que recolle a traxedia do Santa Isabel, Paula Cons.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí