Rescatan a unha anciá tras pasar varias horas ferida sen moverse

    casa_rescate100.jpgCAMBADOS> Unha anciá de 95 anos foi rescatada onte na súa casa en Cambados tras pasar toda a noite ferida e sen poder moverse.

    {flowplayer}images/salnes/rescate_muller_cambados.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Unha anciá de 95 anos foi rescatada onte na súa casa en Cambados tras pasar toda a noite ferida e sen poder moverse.

    Os feitos ocorreron ó mediodía na céntrica praza de Ramón Cabanillas, no número 2A, moi preto da Casa do Concello. Unha veciña deu a voz de alarma ante a Policía Local ó sospeitar que algo estraño podía pasar na vivenda, porque o depósito de auga que había no ático estaba a botar por fóra, o que non adoitaba pasar. E ademais, ó petar na porta escoitou xemidos.

    Os axentes acudiron ó inmoble e ó escoitar chorar á anciá decidiron acceder á vivenda rompendo unha fiestra. A anciá estaba consciente e segundo lle relatou ós axentes o último recordo que tiña era das dez da noite anterior polo que o máis probable é que pasase máis de doce horas ferida e sen poder valerse.

    Segundo confirmaron Policía Local e varios veciños, a anciá vive soa, non ten fillos e quen se fai cargo dela atopábase estes días en Madrid.

    Redacción Salnés