CAMBADOS> Cambados Pode levará a pleno unha moción para defender os intereses do sector enoturístico. A proposta da formación de José Ramón Abal basearase en tres puntos: Repoñer o letreiro de cidade europea do viño 2017 na rotonda de Vilariño, recuperar a web cambadosenoturismo.com e continuara coa sinalización turística poñendo un cartel da vila na AP-9.
Dende a oposición, a formación Cambados Pode continua loitando polos intereses do sector vitivinícola. Baixo este propósito, o partido encabezado por José Ramón Abal, levará a pleno o vindeiro xoves 30 unha moción baseada en tres puntos. O primeiro deles é repoñer o cartel de cidade europea do viño na rotonda de Vilariño.
O segundo punto ten que ver coa web cambadosenoturismo.com. Un portal que perdeu o seu dominio porque o concello non o renovou. Cambados Pode quere que o goberno local recupere a páxina.
E a terceira cuestión trata sobre o proxecto de sinalización turística iniciado polo cuadripartito no 2017. Mediante este plan o concello colocou en determinadas estradas carteis de promoción da vila. Cambados Pode quere que se continúe o proxecto e se instale un novo letreiro na AP-9.
O líder da formación tamén mostrou a súa preocupación pola promoción que o concello poida facer de Cambados en FITUR.
Jose Ramón Abal recordou que cambadosenoturismo.com era un proxecto que incluía a todas as adegas da comarca do Salnés. Por iso pídelle á presidenta da mancomunidade que se poña en contacto co concello para que Cambados teña a promoción que se merece.