Francisco Portas volve ó seu posto de camareiro no hospital do Salnés

    despido_nulo_100_230309.jpgSALNÉS> A empresa Aguinchos, encargada dos servizos de hostalería do centro, terá que indemnizar ó traballador por despido improcedente.

    {flowplayer}images/salnes/230309_despido_nulo_hospital_salnes.flv{/flowplayer}

    Unha sentencia xudicial establece que Francisco Portas foi despedido por presentarse como candidato a unhas eleccións sindicais, e non pola suposta queixa dunha usuaria da cafetería, como alegou Aguinchos. Desde que Aguinchos se fixo cargo da cociña e a cafetería do centro médico, hai preto de oito anos, 42 persoas foron despedidas, ben por finalización de contrato ou de xeito improcedente. Ante esta inestabilidade laboral, Portas planteou ós seus compañeiros a necesidade de ter representación sindical e ofreceuse como candidato por CCOO ás eleccións, momento no que tamén foi despedido.

    Desde Comisións Obreiras denuncian que Aguinchos vén practicando unha política de rotacións que vulnera a lei, xa que os postos dos empregados en cociña e cafetería deben ser fixos.

    Ademais de denuncialo ante a Inspección de Traballo, Comisións Obreiras porase en contacto coa dirección do hospital e co Sergas para pedirlle explicacións sobre o acontecido. Non se explican como o servizo de hostalería pode estar en mans dunha empresa que segundo eles non respecta o convenio laboral e pediranlle que Aguinchos non poida optar á renovación da concesión, procedemento que terá lugar no segundo semestre do ano.

    Francisco Portas incorporábase ó seu posto de traballo o pasado luns. Agora Aguinchos terá que indemnizalo abonándolle o soldo que lle correspondería desde o 21 de outubro do 2008, data na que o despediron.

    Redacción Salnés