Martín Códax xa procesou máis do 50% da uva desta campaña

    vendima_martincodaxcopy.jpgCAMBADOS> Aínda que está a ser unha campaña escasa, coma se prevía, desde a Cooperativa aseguran que uva están entrando de moi boa calidade.

    {flowplayer}images/salnes/VENDIMA_MARTIN_CODAX_011012.flv{/flowplayer}

    Aínda que nun principio estaba previsto que Martín Códax comezase coa vendima a partires do 24 de outubro, finalmente o fixo o pasado venres por mor das choivas. Unhas precipitacións que lles viñeron ben xa que permitiron que diminuíse a acidez e acabasen de madurar as uvas. Dado a súa capacidade, a estas alturas xa teñen procesado máis do 50% do froito.

    E é que a fin de semana, e en concreto o sábado, foi o día de máis traballo. Ademais do froito que extraeron desta explotación, moitos socios e colaboradores colleitaron tamén as súas uvas. Só ese día procesaron máis de catrocentos mil quilos.

    Así mesmo, a nivel fitosanitario a uva estalles entrando en moi boas condicións. Ademais, segundo as primeiras impresións, o resultado vai ser o dunha anada moi equilibrada, con graduacións por riba dos 12’5 graos e unha acidez moi axustada.

    En canto ás cantidades, Tubío confesou que se están a confirmar as súas previsión. A falta de rematala vendima, Martín Códax procesará un trinta por cento menos que o ano pasado.

    A piques de concluír a campaña co fin da vendima, Miguel Tubío achegounos a súa valoración sobre ela. Definiuna coma de baixo rendemento, motivado pola climatoloxía, pero de moi boa calidade.

    Redacción Salnés