A Fundación Monte – Castrove organiza o I Torneo de feminino de golf

MEIS> O campo de golf de Meis organizará o seu primeiro torneo feminino. Terá lugar o día 8 de marzo coincidindo co día da muller traballadora. O obxectivo é reivindicar o papel da muller no deporte.

A fundación Monte – Castrove xunto con varios concellos do Salnés organizarán o I torneo feminino de golf. A competición terá lugar no campo de Golf de Meis o domingo 8 de Marzo, coincidindo co día da muller traballadora.

En Galicia as golfistas son un 30% do total dos xogadores de golf. Este campionato tamén ten como obxectivo animar a que máis mulleres se sumen a este deporte.

A idea deste torneo xurdiu dentro das iniciativas da nova directiva do Monte – Castrove para dotar á fundación de actividades sociais.

O torneo tamén conta co apoio da federación galega de golf.

A inscrición do torneo é gratuíta. O único requisito é contar xa cunha valoración de hándicap. As interesadas poderán apuntarse a través da web do propio campo de golf.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí