VALGA> O Belén de Valga reforza o seu peso como atractivo turístico. Aproveitando a ponte festiva, centos de persoas pasaron pola instalación, que este ano conta con máis de 4.500 pezas. Sempre pegado á actualidade, o particular nacemento valgués non deixa a ninguén indiferente.
Como o turrón, os polvoróns, ou a árbore, a visita ao Belén de Valga tense convertido nunha tradición máis destas Festas.
Máis de 4.600 pezas compoñen esta particular visión da actualidade. As figuras son feitas de xeito artesán. Tamén as que veñen mecanizadas, o que lles permite dar movemento a moitas recreacións.
Política, cultura e tradición van da man neste conxunto, que ocupa apenas 400 metros cadrados de espazo na súa ubicación na parroquia valguesa de Campaña. Nel convivirán dende Abel Caballero, Marta Ortega e a raíña Letizia ata Freddie Mercury.
Non en van, na última edición pasaron por este particular nacemento máis de 42.000 persoas. Unha capacidade de atracción que lle valeu a consideración de Interese Turístico de Galicia.
Na súa primeira semana de apertura neste 2018, o Belén Artesanal de Valga recibiu xa a visita dunhas 10.000 persoas. Así que todo apunta a que o récord de asistencia quedará curto tamén este ano.