BOIRO> O camposanto presenta un estado de deterioro importante, corréndose o risco dun posible derrubamento.
{flowplayer}barbanza/cemiterioabanqueiro.flv{/flowplayer}
Non é un problema novo. Dende hai varios anos os veciños da parroquia boiresa de Abanqueiro veñen denunciando a situación na que se atopa o cemiterio parroquial. Consideran necesario desenvolver unha actuación urxente para evitar que os panteóns existentes sigan deteriorándose. O problema máis grave obsérvase nos nichos que están máis próximos ó mar, pois presentan enormes fendas que afectan á súa estrutura dando a sensación de que van a derrubarse en calquera momento
Falla de espazo
Outro dos problemas ó que se enfrontan os veciños é a falla de nichos. Segundo eles é necesario acometer a ampliación do cemiterio, xa que apenas hai espazo, e a demanda de nichos medrou considerablemente nestes últimos anos.
Mentres tantos haberá que agardar á decisión de Costas, xa que é esta Administración a encargada de dar os permisos pertinentes para poder desenvolver calquera actuación neste espazo.
Redacción Barbanza