Jaime Barallo imparte un curso sobre supervivencia en Ribeira

    RIBEIRA> Desmitificar a supervivencia e aprender técnicas básicas de orientación e seguridade en entornos naturais. Este é o obxectivo do curso que esta fin de semana se imparte en Ribeira. Dezaseis participantes formaranse, durante toda a fin de semana, en conceptos básicos para estar preparados ante unha posible situación de emerxencia que pode derivar, en casos extremos, en situacións de supervivencia.Conceptos que mesmo poden ser de utilidade na vida cotiá. O curso está organizado polo Club Natural Outdoor Experience e Arousa Natureza e Ocio en colaboración co concello e patrocinado por Serdeco contratas. O encargado de impartilo é Jaime Barallo, experto na materia avalado pola experiencia que supoñen as múltiples expedicións que integran o seu currículum. As sesións teóricas desenvolveranse no centro de interpretación de San Roque mentres que as experiencias no medio natural inclúen diferentes localizacións en función das condicións meteorolóxicas. Toda a información relativa ó curso está dispoñible na web arousa.com.