A Festa do Mar consolídase coma o principal reclamo turístico de Poio

    festamar copia.jpg POIO> Agardan que o bo tempo e a capacidade de convocatoria desta celebración eleven as previsións de ocupación hoteleira do 70 ó 90 por cento.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_FESTA_MAR_POIO_2011.flv{/flowplayer}

    Se as de San Xoán son as festas grandes de Poio e a da Ameixa a celebración gastronómica por excelencia, a Festa do Mar constitúe o mellor escaparate para promover a imaxe do municipio a nivel turísti. Agárdase que nos cinco días que vai durar a celebración a poboación de Combarro se multiplique por dez, e se o tempo acompaña, a ocupación hoteleira suba do 70 por cento previsto para a segunda quincena de agosto ó 90 por cento. Unhas cifras de récord para unhas celebracións que este ano contan de novo cun gran despregue a nivel de infraestruturas.

    Tanto Artemar como a mostra gastronómica permanecerán abertas durante cinco días. Na carpa da praza da Chouza os asistentes poderán saborear case tódolos mariscos da ría a prezos asequibles e sempre mantendo a calidade.

    De novo este ano o concello viuse obrigado a recortar o presuposto da festa. Rolda os 150.000 euros.

    Máis de dez mil folletos promoverán a Festa do Mar en Oficinas de turismo ou edificios públicos, ademais das bandeirolas e carteis publicitarios que xa levan días anunciando a cita, para que de novo se volva a converter nunha das máis concorridas do verán poiés.

    Redacción Salnés