A POBRA> O incendio rexistrábase esta pasada madrugada nun chiringuito de xeados ubicado na praia de Lombiña-Cabío.
{flowplayer}barbanza/lumecasetaxeadoscabio.flv{/flowplayer}
Esta mañá efectivos de Protección Civil realizaban os labores de limpeza da zona na que se atopaba o chiringuito de xeados, no paseo da praia de Lombiña-Cabío. O lume orixinouse ó redor das catro menos cuarto desta pasada madrugada. A esa hora o 112 recibíu un aviso dun particular que informaba do suceso, desprazando á zona ós equipos de emerxencias.
Redacción Barbanza