Rianxo contará cun novo obradoiro de emprego

RIANXO> O alcalde, Adolfo Muíños, mostrou a súa satisfacción pola concesión por parte da consellería de Promoción do Emprego e Igualdade por un importe de preto dos 378 mil euros dun novo obradoiro de emprego.

Levará por nome Pazo de Rianxiño. Del poderán beneficiarse un total de 15 persoas que recibirán formación no ámbito da instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

Boa parte do traballo que realizarán os alumnos-traballadores durante o ano no que se prolongará o obradoiro estará centrado nos xardíns e no arborado do Pazo de Rianxiño, contribuíndo ó seu mantemento e mellora.

O inicio do obradoiro está previsto para o mes de novembro.

Nas próximas semanas o Concello agarda poder publicar as diferentes convocatorias de selección tanto para o alumnado como tamén para o profesorado.

O último dos obradoiro que se desenvolveu na localidade tiña lugar o pasado ano. Foi o Carnero Valenzuela II de confección e publicación de páxinas web e centrouse en menores de trinta anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí