Os catro traballadores de Fexdega serán despedidos

    decisionpadroadofexdega copia.jpg VILAGARCÍA> O Padroado aprobou tamén por maioría que sexa o pleno da corporación o que decida a posiblidade de facerse coa xestión do recinto.

    {flowplayer}images/salnes/decision_padroado_fexdega.flv{/flowplayer}

    Os catro traballadores que ten actualmente Fexdega serán cesados. Así o acordou esta mañá a maioría do Padroado da Fundación. Os únicos que votaron en contra foron os representantes municipais do PSOE e BNG, que chegaron a solicitar un aprazamento dunha semana. Pretendían que estes empregados puidesen acollerse a un novo decreto da Xunta que contempla converter o persoal das fundacións en laboral fixo.

    A maioría do Padroado tamén acordou esta mañá remitir xa de xeito definitivo ó Concello a posibilidade de asumir a xestión do recinto feiral. Argumentan que as perdas de 700.000 euros fan inviable a Fexdega e ven no Concello a única saída. Deste xeito no pleno extraordinario solicitado pola oposición será onde se decida o futuro de Fexdega. No caso de non aprobarse, o padroado debaterá directamente a liquidación deste recinto.

    BNG e PSOE solicitaron que se esperase a coñecer a decisión do pleno antes de pasarlle o que consideran unha pataca quente ó Concello. Cren ademais que todo se debe a unha estratexia planificada de ante man pola Xunta e o PP local. Total xurxo Segundo a Xunta, o resto de recintos feirais de Galicia están a ser deficitarios pero non tanto como o de Vilagarcía porque compatibilizan outras actividades. Neste senso aplaude a proposta do Concello.

    Na reunión de hoxe tamén se aprobou a ampliación do patrimonio fundacional da Xunta para pagar débedas e compromisos adquiridos por Fexdega.

    Redacción Salnés