Rescatado un mariñeiro preto da Illa de Vionta ó envorcar a súa embarcación

BARBANZA> Novo accidente no mar, aínda que por fortuna non houbo que lamentar danos persoais. Un mariñeiro da Illa de 39 anos foi rescatado esta mañá, ó redor das nove, despois de que a súa embarcación envorcara nunha zona rochosa preto da Illa Vionta, entre Sálvora e Aguiño. O Centro de Salvamento de Fisterra iniciou un operativo de rescate, mobilizando ata a zona a Salvamar Sargadelos e ó helicóptero Pesca 1. Pero finalmente o mariñeiro foi rescatado pola Punta Falcoeira do Servizo de Gardacostas, que o trasladou ata o peirao de Aguiño, de onde foi evacuado en ambulancia ó Hospital do Barbanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí