Pacientes do hospital do Barbanza denuncian o deficiente servizo de comidas

RIBEIRA> Un grupo de familiares de pacientes do Hospital da Barbanza denuncian a mala calidade e o mal estado da comida que se serve diariamente no Centro. Esta mañá presentaban unha queixa ante a dirección do hospital acompañada de numerosas sinaturas recollidas nos últimos días. Estes son só algún dos exemplos vividos meses últimos meses. Unha situación que os levou a mobilizarse e a iniciar unha recollida de sinaturas co fin de presentar unha queixa ante a dirección do Hospital, ó entender que non se pode soportar máis.As bandexas da comida marchan de volta enteiras e moitos familiares optan mesmo por traer a súa propia comida da casa. Detrás da situación parece estar de novo os problemas de recortes e unha concesión á baixa que vai en detrimento da comida que se serve, que afecta directamente á saúde dos pacientes. Na busca dunha solución a este problema esta mañá facían entrega á xerencia do hospital das numerosas sinaturas recollidas en cuestión de poucas horas entre pacientes, familiares e persoal sanitario do propio centro hospitalario.