Rematan as obras de remodelación do Manuel Jiménez

VILAGARCÍA> Despois dun mes de obras nas que se colocou céspede artificial de última xeración, a instalación está preparada para afrontar o inicio de temporada. O alcalde Tomás Fole mailo edil de deportes Luis Garrigós visitaron esta mañá o campo.

{flowplayer}images/salnes/CampoFutbol_230611.flv{/flowplayer} 

A remodelación do Manuel Jiménez era un dos primeiros grandes proxectos da concellería de deportes de Vilagarcía neste o seu primeiro ano de traballo. Nun tempo récord, en apenas un mes, redactouse o proxecto, adxudicouse e levouse a cabo por un total de 155.000 euros.

O excesivo uso desta instalación propiciou o seu desgaste acelerado e en apenas cinco anos e medio dende a colocación do anterior céspede, este tivo que ser retirado. Unha herba articficial que foi traslada ó campo de Berdón e que tamén se utilizará para crear un área de quencemento anexa ó Jiménez. 

Fole e Garrigós aseguraron que o novo céspede terá unha vida útil en torno ós dez anos. Para o seu mantemento realizarase un descompactado semestral. A actuación incluíu tamén o pintado dos campos de futbol 7.

Redacción Salnés