López Rivas: ‘Voltaremos ó Dakar o ano que ven”

 SANXENXO> Despois de dez días na súa terra falou con calma sobre o éxito acadado, que pouco a pouco vai asimilando. Asegura que a aventura non rematrá aquí e que pensa voltar o ano que ven. Adica este triunfo a tódolos galegos.

 {flowplayer}images/salnes/EntrevistaVoltaDakar_300113.flv{/flowplayer} 

Rexuvenecido, quizais aliviado, como aquel que se quita un peso de enriba ou unha espiña cravada. Levaba anos perseguindo un soño, preto dunha década. Ás veces a mala sorte, outras a escaseza de recursos, non deixaran a López Rivas rematar o Dakar. Agora, xunto a Diego Vallejo, cumpriu un soño: ser o primeiro galego en completar o raid máis duro do mundo. 

Malia a que López Rivas agradeceu o apoio dos seus principais patrocinadores, como Marineda City ou Leite Río, o certo é que o presuposto que manexaba o equipo era moito menor ó de outros. Pero a menos recursos máis gañas e valentía. Foron quen de repoñerse a múltiples problemas en carreira. Cousas menores para el,  nunha competición na que tamén a vida está e perigo. 

Despois de cumprir o seu soño, López Rivas non quere rematar aquí. A súa paixón polo motor vaille empurrar de novo a procurar apoios para participar na edición de 2014, no que obxectivo volverá a ser o mesmo, chegar ata o final.

Redacción Salnés