‘Xuxa’ nova fichaxe do Noia FS

NOIA> A xunta directiva do Noia Fútbol Sala vén de confirmar a fichaxe de Rubén Rodriguez Reigosa, máis coñecido coma Xuxa. O xogador lugués, de 26 anos e que ocupa o posto de ala-pivot, convertese así no segundo reforzo invernal dos noieses, despois da chegada de Marci. Segundo informaron dende o propio club noiés, trátase dun xogador con experiencia ó máis alto nivel despois do seu paso por Primera División co Azkar Lugo, chegando a disputar a UEFA Futsal Cup co Apoel, equipo do que procede, e co que se proclamou campión da Liga chipriota a pasada campaña. Con Marci e Xuxa os noieses aumentan considerablemente o seu potencial de cara ó inicio da segunda volta da liga na que tratarán de pelexar por reeditar o título acadado en 2013 para poder xogar así a fase de ascenso. Actualmente o Noia FS atópase na terceira praza da clasificación, a tan só tres puntos do líder, Valladolid.