Os parquistas de Carril rexeitan a reordenación anunciada pola Xunta

    PARQUISTASCARRILDECRETO2 copia.jpg VILAGARCÍA> Segundo o colectivo, o actual decreto sigue vixente, e lamentan que desde Mar non lles consultaran antes de facer estas declaracións.

    {flowplayer}images/salnes/ParquistasCarrilreordenaparques.flv{/flowplayer}

    Dende a Asociación e parquistas de Carril consideran inaceptable o anuncio feito este domingo pola Conselleira do Mar. Rosa Quintana dixo durante o seu discurso na Festa da Ameixa de Carril que a Xunta está traballando para aprobar no 2012 un novo decreto que reordene os parques de cultivo de Carril .

    Segundo o presidente da Asociación, José Luis Villanueva, o decreto vixente hoxe en día, que data do 1991, é perfectamente válido. Ademais foi consensuado entre a Confraría, a Asociación e a administración. Villanueva engade que o que hai que facer agora é continuar completando ese texto e resolvendo os verdadeiros problemas ós que se enfrontan a diario os parquistas, como o da titularidade.

    A Asociación de Parquistas agarda poñerse en contacto coa conselleira, aínda que non descartan tomar medidas legais.

    Redacción Salnés