Educación inviste 50 mil euros en dous colexios da localidade

    POBRA> Xesús Vázquez inspeccionou, da man do alcalde do municipio, unhas obras de mellora que tiñan por obxectivo repór a cuberta da escola infantil Fernández Varela

    {flowplayer}barbanza/visita_conselleiro.flv{/flowplayer}

    A escola infantil Fernández Varela, da Pobra, foi o escenario escollido esta mañá polo conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, para dar conta das melloras efectuadas na infraestrutura do centro cos preto de 50.000 mil euros que invertiu a Xunta.

    Acompañado pola xefa territorial de Educación, María Teresa Villaverde, e pola directora do centro, María Josefina Pacheco, Vázquez Abad percorreu as instalacións do centro para comprobar o estado das obras realizadas na cuberta do edificio e que tiveron por obxectivo o cambio da mesma. Ademais o conselleiro aproveitou a súa visita para reafirmar o seu compromiso educativo coa localidade a través do Proxecto Abalar que conta xa con cinco centros adheridos a esta iniciativa. O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, quixo tamén estar presente nesta visita que rematou no colexio de educación primaria Pilar Maestru.

    Melloras accesos

    Ademais, o alcalde da Pobra, Isaac Macerias aproveitou a visita para explicar que no vindeiro curso escolar farase cumprir a lei en canto ao mercadiño que tódolos mércores se posiciona nas inmediacións do colexio Fernández Varela. Segundo o rexedor a partires de agora respetarase as saídas de emerxencia para as ambulancias e os autobuses escolares, cousa que ata agora non ocorría, nun exercicio de facer valer unha norma que marca a convivencia entre os veciños.  

    Redacción Barbanza