Viaxe virtual por Arousa Norte

    roteirovirtualarousanorte_100_27012010.jpgBOIRO> A Mancomunidade Arousa Norte presentou una ferramenta dixital que permite realizar voos en tres dimensións pola comarca da Barbanza.

    Trátase dunha ferramenta, creada pola empresa Signo, que serve para realizar voos virtuais polos recursos turísticos do Barbanza e pola vintena de empresas adheridas as iniciativas do bonos gastronómicos e rurais e a ruta do mexillón.

    Creáronse cinco roteiros virtuais distintos, configurados segundo os recursos turísticos e as localizacións paixasísticas. Así, o viaxeiro pode escoller entre a ruta da costa, a do parque natural ou a dos miradoiros. Tamén se pode visitar a ruta dos monumentos megalíticos e coñecer o os lugares que frecuentaba o literato Ramón María do Valle-Inclán.

    {flowplayer}barbanza/viaxevirtualarousanorte.flv{/flowplayer}

    Ademáis destes roteiros predeseñados, o internauta pode sobrevoar a comarca configurando seu propio itinerario. As distintas ferramentas de navegación permiten desplazarse de xeito sinxelo polo territorio e calcular distancias entre distintos puntos con datos GPS así como obter información adicional dos recursos turísticos.

    Este escenario virtual distribuirase en dvds nas oficinas de turismo de Arousa Norte, nos negocios vinculados co turismo e que participan nas iniciativas da mancomunidade. Ademáis, aqueles que desexen navegar polos cinco roteiros atoparanos na canle de Arousa Norte en Youtube na dirección www.youtube.com/user/arousanorte1.

    Redacción Barbanza