O Concello homenaxea ós seus turistas cunha sardiñada de balde

    sardinadacopy.jpgSANXENXO> Os que se achegaron ata o recinto portuario puideron degustar un total de mil quilos de sardiñas e trescentos litros de viño.

    {flowplayer}images/salnes/DIA_TURISTA_SANXENXO_PREGON_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    O Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo converteuse esta mediodía no lugar máis concorrido do municipio. Con motivo da celebración do día do Turista, dentro da programación das festas patronais, desde o concello organizaron unha gran sardiñada na que se puido degustar de balde sardiñas e viño.

    Centos de veciños e turistas achegáronse ata o recinto portuario para participar nesta sardiñada popular. Mil quilos de sardiña e trescentos litros de viño xa estaban case listos ó mediodía para ser degustados.

    Pero os traballadores do concello de Sanxenxo levaban traballando desde as sete e media da mañá para que estivera todo lista para as doce.

    E este ano foi un dos máis multitudinarios xa que antes de comezar a repartilos mil quilos de sardiña, a cola xa era interminable. A pesares da espera, todos coincidían en que pagaba a pena esperar. 

    Pregón das Festas

    Pero as festas patronais de Sanxenxo, as de San Ginés e Santa Rosalía, arrancaron onte coa lectura do pregón da man do Mago Martín, quen ademais de ilusionista é veciño do municipio.

    O acto estivo conducido pola xornalista desta casa, Úrsula Lorenzo, quen comezou o seu discurso presentando á raíña infantil, a turista e a Maior, coas súas damas respectivamente. O humor foi, sen dúbida, o fío condutor do pregón no que tamén se puido gozar dalgúns trucos de maxia. O Mago Martín tamén tivo tempo presentar o seu propio partido.

    Entre as propostas do seu partido figuraban a instalación de detectores de area para evitar que Silgar se quede sen ela, a creación dunha concellería de Esculturas, reducilo número de parroquias de sete a tres e a necesidade de plantar turistas para contribuír á desestacionalización.

    O Mago Martín rematou agradecendo a fidelización dos visitantes que cada ano escollen Sanxenxo para pasalas súas vacacións. Palabras ás que se uniu a alcaldesa, Catalina González, quen puxo o broche final a este acto.

    Redacción Salnés