Ribeira baixa os casos activos a cifras anteriores ó seu peche perimetral

RIBEIRA> O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, referiuse precisamente a ese descenso importante no número de casos activos no municipio. Segundo el os datos son favorables pero non debe baixarse a garda, aludindo á necesidade de seguir cumprindo coas medidas de restrición, especialmente as referidas ás xuntanzas de non convivintes.

O alcalde referiuse tamén ó cribado realizado esta pasada fin de semana ó sector do comercio. Foron citados no hospital da Barbanza uns 230 traballadores deste sector, acundindo a realizar as probas máis do 90%.

Durante a fin de semana tamén se lle realizou outro cribado a uns 1.350 traballadores da industria da alimentación. Acudiron tamén máis do 90% dos citados e o resultado foi de cero positivos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí