Fomentalo consumo de conservas a través de xogos e charlas

    bocatacopy.jpgCAMBADOS> Este é a dinámica do Obradoiro ‘Ponlle as pilas ó teu bocata’ promovido pola Xunta. Hoxe celebrouse en Cambados.

    {flowplayer}images/salnes/PILAS_NO_BOCATA.flv{/flowplayer}

    A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, achegouse esta mañá ata o concello de Cambados co gallo da celebración do Obradoiro ‘Ponlle as pilas ó teu bocata’. O obxectivo deste proxecto é que os máis cativos aprendan a comer ben e que coñezan produtos das nosas rías.

    Ó redor de 50 nenos participaron hoxe nesta iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que pretende fomentalo consumo de conservas, de produtos do noso mar e hábitos de vida saudables. 

    A sesión comeza cunha charla informativa na que os propios cativos participan dun xeito dinámico e divertido. De seguido fan un xogo co que aprenden o proceso de elaboración dunha conserva.

    Neste obradoiro participan preto de 50 nenos pero son máis de cinco mil os cativos que xa se sumaron a esta iniciativa de 108 concellos de toda Galicia. Aquí en Cambados, os máis cativos contáronnos o que aprenderon aínda que algúns, ó termo do obradoiro, aínda tiñan dúbidas. Pero sen dúbida, o mellor momento para todos eles, foi a hora do bocata.

    Na visita tamén estiveron presentes o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, e o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro.

    Redacción Salnés