Un almorzo de traballo para tratar de mellorar Vilagarcía

     VILAGARCÍA> Goberno e colectivos do municipio tratarán de coordinar accións de cara a fomentar a cidade como destino turístico.

    {flowplayer}images/salnes/Fexdega_160513.flv{/flowplayer} 

    Hostaleiros, clubes deportivos, sociedades, empresarios, etc..Practicamente tódolos colectivos protagonistas no concello de Vilagarcía estiveron hoxe presentes nun almorzo de traballo organizado polo goberno local, celebrado na Escola de Hostalería da Lanzada, ó que foron convidados. O obxectivo deste encontro non é outro que aunar esforzos de cara a coordinar accións entre diferentes colectivos que permitan mellorar a imaxe que proxecta Vilagarcía ós seus visitantes.

    Por outra banda, Fole deu a coñecer os números que manexa o concello este ano despois de asumir a xestión dos espazos para a colocación de postos de feira e atraccións, tanto para as vindeiras festas de Santa Rita como para as do resto do ano. O alcalde asegurou que en 2012 o concello recibira 21.000 euros da empresa á que se lle outorgou a xestión, unhas cifras que este ano aumentarán xa que contan con ingresar o mesmo tan só contando Santa Rita.

    O alcalde tamén anunciou que o concello xa dispón de nova maquinaria propia adquirida a través do Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra. Trátase dun tractor e dúas desbrozadoras. Asimesmo, o 1 de xullo porase en marcha unha serie de tutorías, a través do programa da Xunta para combater o abandono escolar, que irán destinadas a aqueles maiores de idade que queiran obter o graduado en ESO e tamén como clases reforzo para os estudiantes de 3º e 4º da ESO.

    Redacción Salnés