A expedición de Aguascalientes continúa a súa visita ó Salnés

    O SALNÉS> A delegación de vintecatro mexicanos do municipio de Aguascalientes que estes días visita a comarca do Salnés recalou esta mañá na Cámara de Comercio de Vilagarcía. Aquí, o Presidente deste organismo presentoulles a varios empresarios da contorna co fin de que poidan fructificar posibles negocios.

    Entre os empresarios que expuxeron o seu plan de negocio ante a comitiva mexicana puidemos encontrarnos con Manolo García, Director xerente de Tuneureka;Alejandro Daporta, Director Xerente de Conservas Daporta,Carlos Trigo, xerente dunha empresa de confección de roupa técnica e os representantes da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil e Ramón Huidobro, Presidente e Xerente, respecticamente. Un organismo que xa ten presencia no mercado mexicano. As reunións dos representantes de Aguascalientes está a ser moi intensa na Provincia de Pontevedra; tal e como testemuña a recepción que tivo lugar onte a noite no Castelo de Soutomaior destes centroamericanos por parte do Presidente da Deputación de Pontevedra. Os intereses dos mexicanos no empresariado galego céntranse, sobre todo, na procura de servizos municipais, viño, turismo, agricultura, mar e canteiría.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/01/mexico_1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/01/camara_comercio_mexicanos.mp4{/flowplayer}