RIBADUMIA> O Conselleiro de Medio Ambiente visitou esta mañá as obras da nova EDAR de Ribadumia, que se atopa nun 30% da súa execución.
{flowplayer}images/salnes/EDAR_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}
Segundo o Conselleiro, a administración autonómica está a traballar no diagnóstico dos diferentes problemas que existen na zona de Fefiñáns derivados dos vertidos que desembocan neste punto. Dificultades que atallarán o vindeiro ano.
Estas obras están incluídas no marco de actuacións prioritarias que a Xunta está a realizar para conseguir o saneamento das rías antes de 2015.
Este plan tamén inclúe a EDAR de Ribadumia, que estará rematada antes do verán de 2012. A nova estación está a un 30% da execución, e dela se beneficiarán Ribadumia, Meis, Vilagarcía, Meaño e Vilanova.
Na súa visita a Ribadumia, Hernández tamén se referiu ó estado dos encoros. As chuvias desta semana non terían aumentado o caudal dos ríos, sen embargo dende a Xunta aseguran que a situación non é alarmante.
Redacción Salnés