CAMBADOS> ‘A educación, fonte de paz’. Esa é a mensaxe do mural que crearon os alumnos do IES Francisco Asorey de Cambados na fachada do seu centro. A intervención artística está elaborada con anaquiños de pezas de Sargadelos. A actividade serviu tamén para concienciar ós rapaces de que é posible traballar en igualdade entre homes e mulleres.
Armados de moita paciencia e de centos de anaquiños de pratos, cuncas ou figuras de Sargadelos, o alumnado do IES Francisco Asorey, en Cambados, decidiu crear un mural na fachada do seu centro. A mensaxe que pretenden lanzar co proxecto é clara: ‘A educación, fonte de paz’.
A idea do mural tívoa este mestre, que garda na súa mente outros novos proxectos artísticos para facer no instituto. Na creación deste mural e tamén destoutro colaboraron máis de 300 mozos, practicamente todo o centro. A clave, segundo nos conta, é que os rapaces descubran as súas capacidades artítisticas creando.
Para os rapaces a experiencia foi moi proveitosa. Ademais, a creación do mural serviulles para aprender a traballar en plena igualdade. Co mural xa rematado e o traballo ben feito, agora tanto mestres como alumnos pensan xa en novos proxectos artísticos que sirvan, como é o caso, para potencia-la creatividade e inculcar valores.